TATÁN CHAPEU é un proxecto musical de Tatán R. en colaboración con Pablo Vidal e Uxía na creación musical e arranxos varios. Letras de Tatán e colaboracións letrísicas de Uxía, Magín e Carlos Blanco.
TATÁN CHAPEU son unha ducia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñezo e co que camiño a miña vida, un mundo cargado de amizades que me invitan a cantar e a quenes admiro e con quen compartín a loucura de crear este proxecto. Xente da música, xente do teatro, xente dos títeres... A miña voz rota, regada de notas musicais impecablemente tocadas por músicos de categoría, músicos de aquí, galegos das rías, espallados polo universo musical, convertidos en estrelas. Voces cálidas, coros que apoian as doces melodías, orixinais e compostas para este CHAPEU cheo de buratos.
O CD conta nas gravacións con Isaac Palacin na percusión, Alfredo Teixeira na guitarra portuguesa, Alberto Vilas no piano, Pablo Vidal no contrabaixo, piano e guitarras, Felipe Castro nos saxos, Manu Paino no fiscorno e a trompeta e Sérgio Tannus á viola. As voces son as de Uxía, Blanca Francés, Chus Domínguez, Ana Senlle e Carlos Blanco.
Tatán "chapeu"
CD musical. Digipack de cartón, con libreto interior a toda cor.
"CHAPEU é unha historia musical, unha ducia de letras inspiradas no mundo teatral. Cancións cargadas de imaxes e coraSon".