CLARA PINO & PABLO VIDAL
Irás Dirás Virás
Clara Pino coñeceu a Xela Arias nos seus anos de universidade onde teciron unha grande amizade.
A dedicatoria das Letras Galegas 2021 a Xela Arias foi a coartada perfecta para musicalizar algún dos seus poemas.
Xunto con Pablo Vidal ao piano puxéronse á tarefa.
Esta homenaxe é unha achega á obra da poeta dende a amizade, musicalizando algúns dos seus poemas.
Elas fan camiño
Clara Pino e Pablo Vidal homenaxean a poetas galegas, entre elas Xela Arias e Rosalía de Castro, interpretando, ademáis, unha escolma de cancións dos seus traballos anteriores.
CLARA PINO (arpa celta, voz).
Compaxina a súa labor como docente coa creación musical. Entre os seus traballos discográfcos cabe destacarSETE SAIAS, LOAIRA, UN DEDO MANCHADO DE TINTA e NOWHERE.
PABLO VIDAL (contrabaixo, guitarra e piano).
Conta cunha longa traxectoria que abrangue diferentes escenas musicáis, desde o jazz ao rock, pasando pola música orquestral e infantil, con constantes colaboracións con outros artistas.
NOWHERE
“Nacín soa, no abanar do mar de Vigo...”
Así comeza o último CD de Clara Pino gravado xunto a Pablo Vidal, facendo referencia á cidade que a víu nacer e a que volta constantemente nas súas letras.
“San Simón” é outro dos temas incluídos en NOWHERE (Ningures) no que Clara Pino e Pablo Vidal poñen música á cantiga de Mendinho.
Mar alcolizado, Póker de Ases, Tan especial, ou Morte Lenta son outras das cancións de NOWHERE, un disco que alterna a música con textos escritos pola autora, amosándonos a unha artista multidisciplinar, feminista e comprometida co seu tempo.
“A arpista viguesa Clara Pino conta con 5 discos autorais gravados dende o 2007 ata a actualidade.”
“Dende o seu primeiro traballo SETE SAIAS ata o último NOWHERE ten colaborado en inumerábeis proxectos musicais doutros destacados artistas.”
“Nesta ocasión, xunto con Pablo Vidal compoñen novas cancións con contido social que abranguen dende a música tradicional ata o pop.”
Os dous autores amosan neste proxecto unha fusión entre música de autor, tradición e vangarda.
O título escollido por Clara Pino e Pablo Vidal para denominar o seu primeiro CD conxunto é "NOWHERE" (Ningures) fai referencia aos chamados “non lugares” ou “lugares de tránsito”.
O CONCERTO Consta das cancións orixinais do último traballo de Clara Pino e Pablo Vidal (NOWHERE), cancións de traballos anteriores (SETE SAIAS etc.), novas cancións de ámbolos dous e tradicionais galegas.